O Concello abre o luns a inscrición na ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

Galego

Trátase dunha ruta circular pola parroquia de Soaserra a través das Fragas, con 8 kms e dificultade moderada, guiada e con participación gratuíta

Cabanas, 1 de febreiro de 2019. O Concello de Cabanas continúa co calendario de rutas de sendeirismo inaugurado co inicio do ano. Así, a próxima cita será polas Fragas do Eume e o prazo para anotarse abrirase este luns, ata o 21 de febreiro. A participación é gratuíta e a inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 49 59 59 ext.3 ou enviando un correo a deportes.cabanas@gmail.com

Nesta ocasión, trátase dunha ruta circular pola parroquia de Soaserra a través das Fragas do Eume, cunha distancia a cubrir de 8 kms aproximadamente cunha dificultade moderada e un desnivel máximo de 300 metros. É unha ruta apta para todos os públicos, sempre e cando estean acostumados a facer rutas de sendeirismo.

Partirá o 23 de febreiro da Casa do Concello, ás 9,40 horas para, dende alí, dirixirse todos xuntos cara o Igrexario de Soaserra, punto inicial da ruta que dará comezo ás 10 horas. Dende este lugar, atravesarase a parroquia onde se pode disfrutar da arquitectura e do valor etnográfico do entorno, ademais de poder contemplar un roble centenario único no municipio.

Cruzando o lugar iniciarase a baixada por unha lixeira pendente no interior das Fragas ata divisar o curso do río Eume e dende alí retroceder e seguir o sendeiro circular polas Fragas, o que permitirá apreciar o importante valor natural da contorna ata finalmente volver ao punto de partida na Igrexa parroquial de Soaserra.

 

Image: 
Tags: