O Concello retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o municipio

Galego

Aberta a inscrición na Ruta pola Veiga, con dificultade baixa e participación gratuíta, que se celebrará o vindeiro domingo 20 de xaneiro

Cabanas, 07 de xaneiro de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, porá en marcha este 2019 un calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural do municipio. Celebraranse os terceiros sábados de mes –agás a primeira, que ó coincidir coa Regata de Inverno, trasládase ó domingo-, en horario de mañá, e os itinerarios serán de dificultade baixa ou moderada para facilitar a participación de toda a familia. Así, a primeira ruta celebrarase este mes, o domingo 20 de xaneiro: a Ruta pola Veiga, e permitirá descubrir ou redescubrir algúns dos muíños e zonas húmidas do municipio. Nove quilómetros con dificultade baixa.

As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse dende xa, e ata o luns 14, na Concellería de Deportes –pranta baixa da consistorial, correo electrónico cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3-. A participación é gratuíta.

O calendario continuará en febreiro coa Ruta polas Fragas do Eume-Zona de Soaserra; en marzo coa Ruta Nocturna dos Petroglifos: en abril coa Ruta do Pudrical, e maio, coa Ruta da Auga.

Tags: