O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no curso de poda forestal

Galego

Celebrarase do 11 de xaneiro ó 15 de marzo, todos os venres de 17 a 19 horas

As persoas interesadas poden anotarse no consistorio e cultura@cabanas.gal

Cabanas, 3 de xaneiro de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura, organiza un curso de poda forestal. Desenvolverase todos os venres dende o 11 de xaneiro e ata o 15 de marzo, en sesións de dúas horas, entre as 17 e as 19 h. Nel, os participantes poderán aprender todo o necesario sobre a poda, os enxertos, enfermidades ou tratamentos fitosanitarios.

Deste xeito, a Concellería de Cultura abriu xa o prazo de inscrición para que todas as persoas interesadas en tomar parte poidan anotarse. Para iso, poden facelo de forma presencial no departamento de Cultura –planta baixa da casa consistorial-, de luns a venres e de 9 a 14 horas, ou enviar un correo electrónico a cultura@cabanas.gal. O custe da actividade é de 20 euros e aconséllase levar tesoiras de podar.