O Concello promove na nova aula dixital un obradoiro de inglés oral para mozos e mozas

Galego

Aberta a inscrición na actividade, gratuíta, na casa consistorial e Internet

Cabanas, 22 de outubro de 2018. O Concello de Cabanas ofrece un obradoiro de inglés oral para mozos e mozas. Celebrarase na nova aula dixital municipal e a actividade é completamente gratuíta, aínda que require inscrición previa. Pode formalizarse dende xa nas oficinas xerais da casa consistorial ou descargando a ficha da web municipal –www.cabanas.gal- e presentándoa telematicamente, e as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Como único requisito establécese contar cun nivel básico do idioma.

O obradoiro de inglés arrancará o 3 de novembro e celebrarase todos os sábados, de 10,30 a 12 horas, durante este mes e o de decembro. Trátase dun programa de actividades e xogos en inglés para o seu exercicio como lingua oral e de curso e reforzo de coñecementos: escrita creativa, teatro, musical, xogos... e isto farase a través de diferentes sesións temáticas centradas en aspectos como as rutinas da vida cotiá, celebracións como o Thanksgiving Day ou exercicios de listening con cancións e karaoke e de speaking.

En definitiva, dun xeito lúdico e ameno para as persoas participantes.

Tags: