O Concello abre o prazo de inscrición no programa “Mencer na Escola”

Galego

As familias interesadas neste recurso de apoio á conciliación da vida persoal e laboral xa poden presentar as súas solicitudes

Cabanas, 3 de setembro de 2018. O Concello de Cabanas vén de abrir o prazo de inscrición no programa “Mencer na Escola”. Constitúe un recurso de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e está dirixido ó alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Eladia Mariño. Terá lugar tódalas mañás lectivas do curso escolar desde as 7,30 ata as 9,30 horas e no mesmo levaranse a cabo actividades recreativas e socioeducativas para os nenas e nenas e se proporcionarán almorzos saudables para aqueles e aquelas que o soliciten. Este primeiro prazo de inscrición pecharase o venres e, a partir de aí, publicarase o primeiro listado de admitidos/as.

Neste curso 2018/2019, “Mencer na Escola” iniciarase o día 12 de setembro e tódalas persoas interesadas en inscribirse deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello. Así mesmo, para calquera dúbida ou aclaración poderán porse en contacto coa empresa Gestion Plus (empresa xestora das actividades) no teléfono 636 141 474 ou ben co departamento de Servizos Sociais a través do número de teléfono 981 49 59 59 (ext. 6).

Os prezos do programa teñen carácter mensual e, tras os descontos aprobados hai dous cursos, quedarían así: para o servizo entre 4 e 5 días/semana, 30 euros/mes con almorzo e 21/euros/mes sen almorzo; para o servizo en 1 e 3 días/semana, 15 euros/mes con almorzo e 10 euros/mes sen almorzo; para días soltos, con almorzo 3 euros/día e sen almorzo 2,50 euros/día.

Por último, sinalar que na ordenanza reguladora do servizo contémplanse as seguintes bonificacións: do 50% do prezo público cando participen 2 ou más membros da mesma unidade familiar e, en casos excepcionais, a Xunta de Goberno Local, ou de non existir, a Alcaldía, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da cuantía do prezo público. As cotas do programa cobraranse mensualmente a través de domiciliación bancaria unha vez finalizado o mes.

Este programa municipal de conciliación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de lgualdade.