O Concello inicia a venda anticipada dos tickets para o xantar popular de Santa Marta

Galego

Poden adquirirse na Oficina Municipal de Turismo

Cabanas, 11 de xullo de 2018. A Concellería de Turismo de Cabanas avanzou esta mañá que as persoas interesadas en tomar parte no xantar popular que se celebrará con motivo da Romaría de Santa Marta, a principal no municipio, xa poden adquirir os seus tickets de forma anticipada. Un xantar que terá lugar o domingo, 29 de xullo. Para iso, habilitouse un punto de venda: a Oficina Municipal de Turismo, ubicada no parque do Areal.

O menú deste ano estará composto por empanada, churrasco, cachelos, pan, bola, bebidas e café e o xantar celebrarase, como é tradición, nunha carpa habilitada ó efecto no entorno do piñeiral da Madalena. Haberá ambientación musical e o prezo do tícket é de 15 euros se a adquisición se realiza de forma anticipada e de 17 o mesmo día do xantar.

Image: