O Concello abre o prazo de inscrición no curso “Internet e Tramitación online”

Galego

Comezan as actividades formativas na nova aula dixital municipal

Cabanas, 10 de xullo de 2018. O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición no curso “Internet e Tramitación online”. Unha acción formativa que se levará a cabo na nova aula dixital municipal emprazada na primeira pranta da antiga casa consistorial de Cabanas. O curso busca achegar á veciñanza ós trámites fundamentais que se poden realizar a través de Internet dende as súas casas e os pasos necesarios para facelo. Consta de 20 horas e está dirixido ás persoas empadroadas no municipio. Realizarase en catro sesións (dous venres de 16 a 21 horas e dous sábados de 9 a 14 horas -a confirmar unha vez se peche a inscrición-). Para anotarse, é preciso cubrir a correspondente instancia e presentala no Rexistro Xeral da Casa do Concello. A acción ten un custe de 20 euros.

O curso comezará ofrecendo nocións básicas da operativa de Internet (navegadores e contas de correo electrónico) e continuará con cuestións xerais do DNI electrónico; conceptos básicos da banca online; xestión online de billetes de tren, avión, etc.; solicitude de cita previa no Centro de Saúde de Cabanas, na Inspección Técnica de Vehículos (ITV) ou na Sede Electrónica do Concello de Cabanas. Abordaranse tamén servizos online con outras administracións e a realización de trámites como a solicitude da axuda a domicilio ou a presentación de recursos, por citar algúns.

Image: