Aberta a inscrición no “Descenso nocturno en kaiak polo río Eume”

Galego

O Club KDM Cabanas promove a actividade, que tamén inclúe cea, música folk e, para os que non se animen a subir ó kaiak, a posibilidade de facer unha ruta ata o Miradoiro de Eirís para contemplar o descenso

Cabanas, 9 de xullo de 2018. Os amantes do deporte e da natureza teñen unha cita en Cabanas o vindeiro sábado 21 de xullo. O Club KDM Cabanas organiza o Descenso nocturno en kaiak polo río Eume, unha novidosa e interesante proposta para disfrutar do entorno en estado puro. As persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse no teléfono 609 31 37 46 e poden facelo ata o xoves 19 (incluído). O descenso partirá do centro de recepción de visitantes das Fragas ás 21,30 horas, e vai acompañado unha cea con “súper menú” ó remate e inclúe xamón ó vapor con cachelos e bebidas. O cuota a abonar é de 25 euros. Hai tamén outra alternativa para aquelas persoas que non se animen a subirse ó kaiak e pasa por disfrutar da cea e participar nunha ruta nocturna ata o Miradoiro de Eirís para ver, dende este punto, o descenso. Neste caso, a cuota é de 15 euros.

Dende a organización apúntase que a velada estará ambientada con música folk e anímase ós participantes no descenso a iluminar nesa acción o seu kaiak de modo que, deste xeito, se ilumine tamén o río Eume con esta iniciativa.

 

Tags: