O Concello abre o prazo de inscrición para tomar parte no Mercadillo de Santa Marta

Galego

A feira coincide no calendario coa romaría máis importante e multitudinaria do municipio e terá lugar do 26 ó 29 de xullo

Estará especializada en produtos de artesanía, alimentación e textil

Cabanas, 4 de xullo de 2018. Cabanas albergará este ano unha nova edición do seu Mercadillo de Santa Marta, coincidindo unha vez máis coa celebración da romaría máis importante e multitudinaria do municipio. E, neste contexto, o Concello vén de abrir o prazo de inscrición para que as persoas interesadas en tomar parte na feira poidan solicitar a súa participación. Poden facelo xa de forma presencial na casa consistorial (Rexistro Xeral) ou vía telemática a través da sede electrónica municipal. Así mesmo, o impreso de solicitude pode descargarse dende a web municipal www.cabanas.gal. O prazo conclúe o 16 de xullo.

O Mercadillo de Santa Marta terá lugar do 26 ó 29 de xullo no entorno da praia da Madalena. Catro días nos que os diferentes postos porán os seus produtos á venda. O Concello fai especial fincapé en que a feira estará especializada no sector da alimentación, do textil e da artesanía. Neste último caso, de todo tipo: dende xoias ata pezas decorativas, pasando por artigos de papelería e xoguetes. O denominador común será que os produtos saian dun proceso artesanal.

Xunto á solicitude de participación, os solicitantes dende presentar unha fotocopia do DNI e o xustificante de pago (a realizar na seguinte conta CaixaBank ES94 2100 5486 51 02000 100305 antes do 16 de xullo e co asunto “Mercadillo Santa Marta 2018”). A instalación dos postos poderá facerse o xoves 26 antes das 12 horas e cada un terá un número asignado.

Para máis información, o Concello pon a disposición das persoas interesadas o seguinte número: 981 43 45 66.

Archivo: