O Concello de Cabanas abre as portas da súa Oficina de Turismo

Galego

As instalacións están emprazadas no parque do Areal e atenderá as consultas dos visitantes ata o 15 de setembro, de luns a domingo

Cabanas, 19 de xuño de 2018. O Concello de Cabanas informa da apertura do Punto de Información Turística. Foi esta mañá, e as súas portas permanecerán abertas no entorno do parque do Areal ata o vindeiro 15 de setembro. Atenderá as consultas dos visitantes de luns a domingo. Luns, martes e mércores de 11 a 14 horas, e xoves, venres, sábado e domingo de 10 a 14,30 e de 17,30 a 20 horas.

Ofrecerá así cumprida información dos principais recursos turísticos do municipio, como a praia da Madalena ou a de Chamoso; as rutas en gamela polo río Eume que se iniciarán a mediados de xullo; as Fragas do Eume; a igrexa de San Martiño do Porto ou a axenda de actividades, por citar tan só algúns. Información que se presta en inglés e francés, ademáis de galego e castelán. Así mesmo, os turistas teñen á súa disposición guías impresas e mapas do territorio.

Tags: