O Concello de Cabanas propón a nenos e mozos pasar as mañás de verán practicando deporte

Galego

Abre o prazo de inscrición nos campamentos deportivos, que terán lugar de luns a venres de 9,30 a 14 horas durante os meses de xullo e agosto

Cabanas, 8 de xuño de 2018. A Concellería de Deportes e Xuventude vén de abrir o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos Municipais de Verán. O prazo manterase ata cubrir as prazas. Celebraranse de luns a venres de 9,30 a 14 h durante os meses de xullo e agosto e, amáis das instalacións deportivas do Concello, as actividades desenvolveranse principalmente no entorno da praia da Madalena. Están dirixidos a nenos e nenas a partir dos sete anos e, entre as propostas previstas, inclúense xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hockey, béisbol ou fútbol.

Así, as familias interesadas en formalizar a inscrición deben facelo presentando a documentación no Rexistro Xeral Municipal (a solicitude –pode retirarse nas oficinas xerais ou descargarse da web-; copia do DNI da persoa solicitante; copia do DNI ou Libro de Familia do/a neno/a participante; copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a participante). Así mesmo, terán prioridade os/as empadroados/as no Concello.

O prezo por mes é de 65 euros e 40 por quincena.

Máis información, no departamento municipal de Deportes –pranta baixa da consistorial- ou no teléfono 981 49 59 59 ext.3.

Tags: