O Concello de Cabanas procederá á contratación dun Técnico de Turismo

Galego

O contrato será por seis meses e as persoas interesadas deben presentar a súa instancia a partir de mañá e ata o 24 de maio incluído

Cabanas, 15 de maio de 2018. O Concello de Cabanas procederá á contratación laboral temporal, por obra ou servizo, dun/ha Técnico/a de Turismo. Será cun contrato laboral de duración determinada a xornada completa cunha duración de seis meses. Así, coa publicación no día de hoxe das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, mañá abrirase o prazo de presentación de solicitudes para optar ó proceso por espazo de cinco días hábiles que conclúe o 24 de maio.

O/A Técnico/a de Turismo levará a cabo a súa actividade na Oficina Municipal de Información Turística emprazada no Areal e, coa citada contratación, o Concello busca satisfacer as demandas de información dos turistas e visitantes, ofrecendo un servizo de calidade, así como potenciar a promoción turística do propio municipio.

A contratación financiarase cunha achega procedente da Deputación provincial da Coruña e as bases poden consultarse no seguinte enlace: http://www.cabanas.gal/gl/node/1431

Tags: