Cabanas, comprometida coa infancia

Galego

Ao abeiro da convocatoria de Unicef-España para o selo de Cidades Amigas da Infancia o Concello de Cabanas iniciou un proceso participado para pensar nas políticas municipais dirixidas á poboación infante e adolescente. A participación do Concello neste proceso de recoñecemento liderado por Unicef - España vén marcado pola necesaria incorporación das voces e das miradas da poboación máis miúda ás políticas públicas que se deseñan a nivel local.

Neste senso, o Concello de Cabanas comprométese cunha serie de obxectivos que orientan todo o proceso iniciado:

  1. Incorporar a filosofía de traballo das Cidades Amigas da Infancia ao marco do deseño e da implementación das políticas públicas municipais.
  2. Pór en valor a voz das rapazas e dos rapaces, con especial atención ás decisións que teñen unha incidencia nas súas vidas cotiás.
  3. Facilitar espazos de participación nos que a infancia e a adolescencia de Cabanas podan expresar as súas perspectivas, necesidades e demandas para crear unha vila máis integradora e cohesionada.
  4. Potenciar a coordinación interdepartamental a nivel municipal en aras dunha mellora das actuacións que se poñen en marcha no concello.

O proceso de traballo culmina na formulación do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. A continuación expóñense os documentos nos que se traballaron: a memoria de actividades dirixidas á infancia e á adolescencia (2017 -2018), un informe diagnose sobre a situación da infancia e da adolescencia, e o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia.

Tags: