Cabanas recoñece ós seus veciños máis destacados no ámbito da Cultura e do Deporte na súa Gala Anual

Galego

A cita terá lugar este venres ás 20 h no salón de plenos da consistorial

Os mestres da Escola Municipal de Música, o director do IES Fraga do Eume, os deportistas Eva García Sande e Mateo López Anca e Jorge Pena Mariño, que cruzou a remo o Atlántico, serán os galardoados

Cabanas, 16 de abril de 2018. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas acollerá este venres, 20 de abril, a Gala Anual da Cultura e do Deporte. Organizada polo Concello, convídase a toda a veciñanza a tomar parte na mesma a partir das 20 horas.

A cita alcanza este ano a súa décima edición e, nesta ocasión, o xurado acordou recoñecer no ámbito cultural ó equipo de mestres e mestras da Escola Municipal de Música do municipio, tanto ós que continúan formando a novos talentos como a aqueles que pasaron polas aulas da Escola. Tamén a Gumersindo Loureiro Vázquez, ó frente da dirección do IES Fraga do Eume. Así mesmo, no terreo deportivo, o recoñecemento será para os deportistas Andrea García Sande e Mateo López Anca, ambos do Club KDM Cabanas, así como para Jorge Pena Mariño, o primeiro español en culminar con éxito a Talisker Whisky Atlantic Challenger, considerada unha das probas máis duras do mundo e pola que cruzou o Atlántico a remo tras completar 58 días, 18 horas e 49 minutos dunha durísima travesía que emprendía para dar visibilidade á Fundación CRIS contra o cancro e axudar a recadar fondos para a investigación.

A Gala Anual estará conducida pola animadora sociocultural, María José López, e na mesma intervirán a concelleira de área, Esperanza Gayoso, e o alcalde, Germán Castrillón.

 

Image: 
Tags: