A hamburguesa 100% galega da Estrela do Eume, gañadora de “Tapeando Cabanas”

Galego

Así o decidiu a clientela dos locais participantes no certame

A entrega do galardón, así como dos agasallos sorteados entre os clientes, realizarase o 4 de abril neste establecemento

Cabanas, 28 de marzo de 2018. A tapa “Chámame galega…”, unha hamburguesa 100% da terra con carne de vaca rechea de grelos e castañas con queixo do país sobre picada de chourizo, foi a gañadora da III edición de “Tapeando Cabanas”, o certame gastronómico impulsado pola Concellería de Turismo en colaboración coa hostalería local. Un certame que se celebrou as dúas últimas fins de semana e no que tomaron parte nove establecementos do municipio –xunto á Estrela do Eume, A Lareira, o Ambigú da CCRD San Martiño do Porto, BK, La Encina, La Solana, O Mesón, Taberna Frayán e Yellow-.

Foron precisamente os clientes dos locais os encargados de elixir cos seus votos a mellor tapa. E, resultado disto, A Estrela do Eume toma o relevo de La Solana. Así mesmo, no día de onte procedíase tamén ó sorteo de agasallos entre a clientela que participou en “Tapeando Cabanas”. Respecto ós obsequios entregados polo Concello, a fortuna quixo que Severino García Pérez (Cabanas) fose o gañador da estancia dunha noite para dúas persoas nun balneario a elixir, namentras que Carmen Fernández Tenreiro (Cabanas) recibirá entradas para dúas persoas para asistir a un espectáculo no Teatro Jofre.

No apartado de premios sorteados pola hostalería local, estes foron os afortunados: María Pereiro Montero (botellas de viño de A Estrela do Eume); Conchi Fraga Montero (unha cea para dúas persoas en A Lareira); Valentín Garrote Fernández (botellas de viño do Ambigú); Carlos Alberto Ares Guerra (unha cea para dúas persoas en BK); Cruz Varela Varela (unha cea para dúas persoas en La Encina); José Manuel Delgado González (unha cea para dúas persoas en La Solana); María José Varela Salido (unha cea para dúas persoas en Yellow); Marilita López Fernández (unha cea para dúas persoas en Taberna Frayán), e Antón Feal Dopico (botellas de viño de O Mesón).

 A entrega de premios a todos/as eles/as, así como da placa á mellor tapa, realizarase o vindeiro mércores, 4 de abril, na Estrela do Eume, ás 17 horas.

Image: 
Tags: