Visita á casa consistorial do presidente da Federación Galega de Piragüismo

Galego

Acompañado dos representantes do Club Cabanas KDM, Alfredo Bea mantivo unha xuntanza co alcalde, Germán Castrillón, e membros do equipo de goberno

Cabanas, 6 de marzo de 2018. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, recibiu onte pola mañá na casa consistorial ó presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, para manter un encontro no que tamén participaron membros do equipo de goberno e representantes do Club Cabanas KDM, co seu presidente á cabeza, Gumersindo López.

Alfredo Bea trasladouse ó municipio para visitar as instalacións do club e coñecer de primeira man as súas necesidades e proxectos, aproveitando esta visita para entrevistarse cos representantes municipais, que ratificaron o apoio do Concello ó club e á promoción das actividades náuticas e deportivas en Cabanas.

Image: 
Tags: