Obradoiro de educación emocional e empoderamento no piñeiral de Cabanas

Galego

A actividade, que impulsa o Concello en colaboración co IES Fraga do Eume, terá lugar mañá venres coa participación de alumnado de 1º e 3º

Cabanas, 22 de febreiro de 2018. O Concello de Cabanas promove, en colaboración co IES Fraga do Eume, un obradoiro de educación emocional e empoderamento no piñeiral da Madalena dirixido ó alumnado de 1º e 3º curso do centro educativo. Celebrarase mañá venres, 23 de febreiro, entre as 12,30 e as 14,10 horas. A iniciativa forma parte do proxecto Empodera, incluído no Plan Municipal de Acción Social coa Mocidade que impulsa a Concellería de Servizos Sociais.

O obxectivo da actividade é fomentar o empoderamento de mozos e mozas a través do autocoñecemento, a educación emocional e o fomento do bo trato e a convivencia positiva. Para isto, desenvolveranse dinámicas grupais, ioga e exercicios de relaxación.