O Concello plantea mellorar os servizos da praia da Madalena con fondos provinciais

Galego

Prevé destinar os 5.258,16 euros do plan complementario do Plan provincial de Medio Ambiente á instalación dun lavapés e á reparación das duchas e soportes e bases dos colectores

Cabanas, 2 de febreiro de 2018. O Concello de Cabanas plantea destinar os fondos do plan complementario do Plan provincial de Medio Ambiente a diferentes actuacións de mellora dos servizos da praia da Madalena. Así, cunha partida de 5.258,16 euros prevé proceder á instalación dun lavapés de aceiro inoxidable e á reparación das deficiencias das duchas ubicadas no areal.

Así mesmo, a axuda provincial incluiría tamén o amaño das bases e soportes dos colectores emprazados no paseo. Pequenas actuacións para ofrecer un mellor servizo ós veciños e visitantes que acoden cada ano a unha das praias máis concorridas da comarca.

Tags: