Conclúe a instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena

Galego

Substitúe á anterior, moi deteriorada, e facilitará o acceso á praia e paseo polo piñeiral salvagardando a flora da zona

Cabanas, 5 de xaneiro de 2017. O Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena. Unha infraestrutura que substitúe á anterior, moi deteriorada polo seu uso e ubicación. Os traballos correron por conta da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Así mesmo, a intervención tamén incluíu a colocación dun cubrecolector, dous paneis divulgativos sobre a separación de residuos e outros dous indicativos.

Image: