O Concello instala novos colectores amarelos en diferentes puntos de Cabanas

Galego

Ubícanse no contorno da praia, local social de Santa Cruz, igrexario de Soaserra, igrexa de Irís e máis na zona dos Durás

Cabanas, 4 de xaneiro de 2018. O Concello, a través da Concellería de Servizos, vén de instalar novos colectores amarelos en diversos puntos do termo municipal co ánimo de facilitar á veciñanza os medios para a correcta separación dos residuos. Así, os colectores emprazáronse no contorno da praia da Madalena –rotonda da ola-; nas inmediacións do local social de Santa Cruz; na zona dos Durás –Soaserra-; igrexario de Soaserra e máis nas proximidades da igrexa de Irís.

A medida non supuxo desembolso económico para as arcas locais, xa que foron sufragados pola empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos.

Image: 
Tags: