O Concello de Cabanas promove un curso de defensa persoal para mulleres

Galego

As persoas interesadas en participar deben apuntarse na consistorial

Cabanas, 2 de xaneiro de 2018. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, promove un curso de defensa persoal dirixido ás mulleres do municipio. Celebrarase o vindeiro 20 de xaneiro, de 11 a 13 horas, e terá por escenario o soto do CEIP Eladia Mariño. A participación é completamente gratuíta, aínda que se require de inscrición previa.

Así, as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse de forma presencial no departamento municipal de Cultura e Deportes –pranta baixa da consistorial-, no correo electrónico cultura@cabanas.gal ou no teléfono 981 49 59 59 extensión 3. O prazo remata o 18 de xaneiro.

Tags: