Cabanas abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación

Galego

Dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2003 e 2007, ó municipio correspóndenlle 3 prazas para a quenda do 23 ó 26 de febreiro

Cabanas, 28 de decembro de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 poderán practicar este deporte na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense. A Cabanas correspóndenlle tres prazas a disfrutar na terceira quenda: do 23 ó 26 de febreiro.

Se a demanda excedese a oferta, realizaríase un sorteo público para a adxudicación de prazas. Así mesmo, terán preferencia os rapaces e rapazas que non tivesen acodido a ningunha campaña de neve previa da Deputación.

Aquelas persoas interesadas en preinscribir ós seus fillos e fillas deberán facelo no Departamento municipal de Cultura e Deportes e o prazo remata o 16 de xaneiro. Terán que cubrir unha ficha e presentar unha foto de carné, así como fotocopias da documentación requirida. O Concello pon a disposición da veciñanza o correo cultura@cabanas.gal, o teléfono 981 49 59 59 ext.3 e o persoal da concellería para solventar calquer dúbida.

A Deputación responsabilizarase da maior parte dos gastos ocasionados: transporte, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento, material e actividades varias. E a cuota de inscrición por participante é de 85 euros.

Tags: