O Concello de Cabanas celebra este venres o Xantar Veciñal de Nadal

Galego

Un espazo de encontro entre a veciñanza no que se homenaxeará ás parellas que leven máis anos xuntos e á persoa de maior idade

Cabanas, 12 de decembro de 2017. A veciñanza de Cabanas ten este venres, 15 de decembro, unha cita nunha nova edición do Xantar de Nadal que organiza o Concello de Cabanas. Un espazo de encontro no que compartir experiencias e mesa co gallo das festas navideñas. Terá lugar no restaurante do Hotel Iberia, a partir das 14 horas, e nel rendirase homenaxe ó veciño ou veciña presente de maior idade e tamén ás parellas que leven máis anos xuntos.

Así, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar a súa praza na casa consistorial antes do xoves, 14 de decembro.

O menú, cun prezo de 22 euros, inclúe empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal e brindis con cava. Ademáis, trala comida, os asistentes poderán disfrutar dun baile amenizado con música en directo, a cargo do Dúo Tribal.

O Concello anima á veciñanza a sumarse á iniciativa e apuntarse ó xantar.