A Secretaria Xeral para o Deporte realiza unha visita de fin de obra ó circuito de motocross de Cabanas

Galego

Cabanas, 1 de decembro de 2017. Acompañada do alcalde, Germán Castrillón, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe Cabanas, onde supervisou o estado final das obras levadas a cabo para a mellora das infraestruturas deportivas do municipio. A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega. “É a nosa obriga mellorar os equipamentos deportivos da Comunidade Autónoma de Galicia para o fomento do deporte no ámbito municipal e autonómico”, dixo.

Secretaria xeral e alcalde visitaron o novo circuito de motocross construído no polígono de Vilar do Colo segundo o convenio asinao o pasado 8 de xuño. O importe total das actuacións acadou os 25.000 euros, achegados de xeito íntegro pola Secretaría Xeral para o Deporte. Marta Míguez salientou a necesidade desta actuación que “supón un pulo para a verdadeira escola do deporte base para o automobilismo deportivo, pola importancia do Concello de Cabanas para a promoción do deporte do mundo do motor en toda a comarca que comprende”.

 

Image: 
Tags: