Axudas Sociais e Programas Municipais

AXUDAS SOCIAIS

O departamento municipal de Servizos Sociais tramita unha serie de axudas, tanto municipais como doutras administracións, dirixidas a aquelas familias con escasos recursos económicos.

  • Fondo de Emerxencia Social. O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, destina unha partida de 3.500 euros para destinar a axudas que permitan paliar as necesidades básicas e urxentes daqueles veciños e familias en risco de exclusión social.
  • Banco de Alimentos. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, entrega ás familias con escasos recursos do Concello unha cesta con produtos de primeira necesidade, adaptada a cada demandante.
  • Renda de inclusión social de Galicia (RISGA). Os Servizos Sociais municipais tramitan as solicitudes ó programa Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Unha prestación social destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como acadar a súa autonomía e integración normalizada mediante a execución dun proxecto personalizado de inserción. En canto á prestación económica, ten carácter alimenticio persoal e non transmisible.
  • Tarxeta Benvida. Destinada ás familias con fillos e fillas nados no ano 2016 ou que para aquelas que adopten a un neno ou nena menor dun ano neste exercicio. Con carácter xeral, a achega total será de 1.200 euros anuais, para sufragar gastos en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación. O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses contados dende o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
  • Contra a pobreza enerxética. Dúas liñas de axuda:
    • Bono social: rebaixa do 25% no recibo rebaixa do 25% no recibo da luz

Beneficiarios: En termos xerais, todos aqueles fogares que teñan unha potencia contratada inferior ós 3kW e sempre e cando se trate da vivenda habitual do demandante. E, en particular, aqueles outros cunha potencia contratada igual ou inferior ós 10 kW cumprindo algún dos seguintes requisitos:

  • ser familia numerosa ou monoparental categoría especial

  • fogares nos que todos os seus membros estean no paro

  • persoas maiores de 60 anos que perciban unha pensión mínima ou unha pensión de xubilación, de incapacidade permanente, de viudedade ou beneficiarios de pensións do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez nos termos que sinala a lei.

Como no primeiro caso, a vivenda debe ser a habitual do cliente; o contrato xeral, que esté a nome do demandante e que este sexa persoa física.

Onde se pode solicitar? Nas comercializadoras que ofrecen a tarifa regulada PVPC –Precio Voluntario para o Pequeno Consumidor-.

E, co ánimo de facilitar o acceso ó Bono Social, o Concello pon á túa disposición o departamento municipal de Servizos Sociais, no que che informaremos dos pasos a dar para tramitar esta axuda para o pago da factura da luz.

  • Axudas urxentes para evitar cortes de suministro. Auxs:  Desconto do 100% do importe da factura  eléctrica cun  límite máximo de 200 euros, previo aviso  de interrupción.
  • Descontos e deduccións en programas municipais.
    • Mencer na Escola. A dedución pode chegar ó 100% previo informe do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Cabanas.
    • Actividades das Escolas Municipais Culturais e Deportivas. A dedución pode chegar ó 100% previo informe do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Cabanas.
  • Rehabilitación de vivendas. Os veciños de Cabanas poden acollerse a unha liña de axudas para a rehabilitación das súas vivendas e, nesta liña, os servizos técnicos do Concello asesoran á veciñanza na tramitación das subvencións, que requiren dun informe municipal. As axudas permiten financiar actuacións urxentes e imprescindibles para mellorar o estado daquelas vivendas ocupadas por persoas en risco de exclusión, e o importe máximo que cubrirá a achega será o 80% da intervención, sempre e cando as obras proxectadas non superen os 12.000 euros. As axudas, convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inclúense no programa de infravivenda no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago. Área na que se inclúe o Concello de Cabanas.

 

PROGRAMAS MUNICIPAIS

  • Mencer na Escola. É un proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais de Cabanas en colaboración coa ANPA “O Castiñeiro” e o CEIP Eladia Mariño. Trátase dunha medida de apoio para  posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, orientada principalmente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social destinados a este fin. “Mencer na Escola” é un programa dirixido ó alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Eladia Mariño, e desenvólvese todas as mañás lectivas do curso escolar desde as 7,30 ata as 9,30 horas. Realízanse actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, e se proporcionan almorzos saudables para aqueles e aquelas que o solicitan.
  • Tempo de familias: Compartindo experiencias. Desenvólvese na aula de usos múltiples do CEIP Eladia Mariño, todos os venres pola tarde. Está dirixido ás persoas coidadoras de menores –nais, pais, avós e avoas…- e, nos diferentes talleres propostos, abórdanse temáticas de interese dende o xogo, a educación e a intelixencia emocional, buscando dar recursos ós coidadores na súa relación cos menores. Temáticas como a nutrición, as novas tecnoloxías, a afectividade e a sexualidade son algunhas das propostas para este curso.
  • Club +60: Encontro de Maiores. Unha iniciativa completamente gratuíta coa que o Concello busca ofrecer unha alternativa de ocio ós maiores, que saian da casa e compartan o seu tempo con outros veciños. Deste xeito, facilítase un envellecemento activo e combátese a soídade, un problema que soe acompañar a este colectivo, especialmente na zona rural. Así, as sesións celébranse no local social da SCRD San Mamede de Laraxe, os venres de 17 a 18,30 horas. Nelas, os maiores comparten experiencias e recuperan costumes e tradicións; comparten tempo con xogos de mesa; exercitan a mente con actividades de estimulación cognitiva, e mesmo realizan algunha excursión.
  • Talleres de envellecemento activo. O proxecto, financiado pola Deputación provincial da Coruña, busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais. As sesións celébranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que despraza aos maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto. Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores. 
tag: