O profesor Andrés Fernández Rifón presenta a súa obra “Pousando Antergos. Laraxe” este venres en Cabanas

Galego

O acto, con entrada libre, comezará ás 20 horas no salón de plenos

Cabanas, 30 de novembro de 2017. O profesor, escritor e investigador local Andrés Fernández Rifón presentará en Cabanas a súa última publicación “Pousando Antergos. Laraxe”. Será este venres, 1 de decembro, no salón de plenos da casa consistorial, a partir das 20 horas. Acompañarán ó autor a concelleira de Cultura, Esperanza Gayoso, e o alcalde, Germán Castrillón, nun acto con entrada libre e de balde.

“Pousando Antergos. Laraxe” é unha publicación de fotografías editada pola Deputación provincial da Coruña e o Concello de Cabanas. Un álbum fotográfico dos veciños e veciñas da parroquia dende finais do século XIX e século XX, no que abundan os retratos e escenas costumbristas. Toda unha homenaxe a aqueles que merecen ser recordados.

Image: 
Tags: