O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no Xantar de Nadal veciñal

Galego

As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza na casa consistorial antes do 12 de decembro

Cabanas, 29 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas volve a celebrar un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal veciñal. Será o vindeiro 15 de decembro, a partir das 14 horas no restaurante do Hotel Iberia do municipio. Así, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar dende hoxe a súa praza na casa consistorial. O prazo remata o día 12.

O menú, cun prezo de 22 euros, inclúe empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal e brindis con cava. Ademáis, trala comida, os asistentes poderán disfrutar dun baile amenizado con música en directo, a cargo do Dúo Tribal.

O Concello anima á veciñanza a sumarse á iniciativa e apuntarse ó xantar.

 

Image: 
Tags: