O Concello promove un Obradoiro de Intelixencia Marental e Parental

Galego

Forma parte do programa municipal “Tempo de Familias” e terá lugar este sábado ás 10,30 h no CEIP Eladia Mariño, con entrada libre previa inscrición

Cabanas, 14 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza este sábado, 18 de novembro, o Obradoiro de Intelixencia Marental e Parental. A acción forma parte do programa municipal “Tempo de Familias: Compartindo Experiencias”, e vai dirixida ás nais, pais, avoas, avós e persoas coidadoras en xeral. Impartido polo psicólogo clínico Rudy Daini, dará comezo ás 10,30 horas na Aula de Usos Múltiples do CEIP Eladia Mariño.

A entrada é gratuíta e libre, aínda que se require de inscrición previa. Para isto, cómpre chamar ó teléfono 981 49 59 59 extensións 2 ou 6. O obxectivo do obradoiro é potenciar en cada persoa participante a súa intelixencia marental e parental, de modo que lle permita sentirse satisfeito/a consigo mesmo/a e co seu rol de nai, pai ou persoa coidadora.

Image: