O Concello de Cabanas habilitará unha Aula CeMIT na antiga casa consistorial

Galego

O alcalde, Germán Castrillón, anuncia o inicio dos traballos no inmoble cun investimento cercano aos 60.000 euros

Cabanas, 13 de novembro de 2017. Cabanas sumarase nos vindeiros meses á Rede CeMIT de Galicia, no que na práctica implicará que o municipio disporá dunha Aula equipada coa última tecnoloxía, internet e sistemas de videoconferencia onde os veciños e veciñas poderán asistir a actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Germán Castrillón. Para facelo  posible, o rexidor explicou que a semana pasada daban comezo as obras necesarias para adecuar dúas salas da pranta primeira da antiga consistorial ás necesidades que require a Aula CeMIT e unha segunda aula de usos múltiples que servirá de complemento á anterior. Os traballos contan cun orzamento cercano ós 60.000 euros e, para financialos, o Concello recabou a colaboración económica de Agader.

Ó detalle, as obras iniciáronse en dúas salas. Na primeira, renovarase a instalación de electricidade e iluminación, dotándoa tamén dunha rede de datos e audiovisuais. A intervención complétase con traballos de carpinteiría e pintura. Así mesmo, en canto a equipamento, dotarase de 13 CPU con monitor LED, impresora láser, proxector de vídeo, equipo de sonido con altofalantes, pantalla de proxección, cámara motorizada para videoconferencia, mesas de aula, cadeiras e estores.

Para o acondicionamento da segunda sala será necesario levar a cabo a demolición de tabiques e construción dun novo, tarefas de pintura, instalación de novo pavimento, renovación da rede de electricidade e iluminación, e dotarase dunha CPU con monitor LED, mesas e cadeiras e armarios.

Image: 
Tags: