O Concello organiza a xornada “Envellecendo activamente” en Laraxe

Galego

Dirixida ás persoas maiores do municipio, desenvolverase este venres no local social da parroquia, de cinco a seis e media da tarde

Cabanas, 9 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas, en colaboración con AFAL Ferrolterra –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias-, organiza este venres, 10 de novembro, a segunda xornada “Envellecendo activamente”. Dirixida ás persoas maiores do municipio, terá lugar no local da SCRD San Mamede de Laraxe, en horario de tarde, de 17 a 18,30 horas e entrada libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

O seu obxectivo é ofrecer ás persoas maiores do municipio pautas e recursos para un envellecemento activo. E, por iso, entre os contidos abordaranse recomendacións sobre autocoidados e alimentación ou as estratexias para manter unha mente activa. Así mesmo, daranse a coñecer diferentes programas enfocados ó colectivo, especialmente os deseñados polo IMSERSO, como os relativos ó termalismo ou medidas de interese como o apoio á xubilación flexible.

 

 

Image: 
Tags: