O Concello pecha o calendario de xuntanzas veciñais sobre os orzamentos este mércores no local social de Lavandeira

Galego

A reunión dará comezo ás 20 horas con entrada libre

Cabanas, 7 de novembro de 2017. Tralo seu paso polas diferentes parroquias do municipio, o Concello de Cabanas convoca mañá mércores a última xuntanza veciñal sobre os orzamentos para o próximo exercicio. Terá lugar no local social de Lavandeira e, como é habitual, dará comezo ás 20 horas con entrada libre.

Será esta a quinta e última dunha serie de reunións que arrancaban no mes de outubro como paso previo para a elaboración do documento maestro do Concello para o 2018. O obxectivo, segundo explica o alcalde, Germán Castrillón, é recabar as propostas e suxerencias de veciños e veciñas, especialmente no capítulo de investimentos, de modo que se facilite a participación cidadá.

Unha iniciativa que arrancaba en 2009 e se vén reeditando ano tras ano dende entón.

Image: 
Tags: