O Concello achega ás persoas maiores as claves para un envellecemento activo

Galego

O local social das Viñas acolleu esta mañá a primeira sesión dunhas xornadas que continuarán o 10 de novembro en Laraxe

Cabanas, 24 de outubro de 2017. Ofrecer ás persoas maiores do municipio pautas e recursos para un envellecemento activo foi o obxectivo da xornada organizada esta mañá no local social das Viñas polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais. Nela, tomaron parte uns vinte veciños e veciñas. Entre os contidos que se abordaron non faltaron recomendacións sobre autocoidados e alimentación ou as estratexias para manter unha mente activa. Así mesmo, déronse a coñecer diferentes programas enfocados ó colectivo, especialmente os deseñados polo IMSERSO, como os relativos ó termalismo ou medidas de interese como o apoio á xubilación flexible.

A xornada estivo guiada por Alba Romero, técnica de AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias- e reeditarase o próximo 10 de novembro. Nesta ocasión, no local social da SCRD San Mamede de Laraxe en horario de tarde –de 17 a 18,30 horas-. A entrada é libre e gratuíta.

Image: