O Concello invita ás persoas maiores ás xornadas Envellecendo activamente

Galego

Celebraranse este martes no local social das Viñas e o 10 de novembro no local social da SCRD San Mamede de Laraxe, con entrada de balde

Daranse claves sobre autocoidados, alimentación, estratexias para o mantemento dunha mente activa ou a oferta cultural e de lecer

Cabanas, 23 de outubro de 2017. O Concello de Cabanas, en colaboración con AFAL, organiza as xornadas Envellecendo activamente. Dúas sesións dirixidas ás persoas maiores do municipio nas que se abordarán diferentes temáticas de interese para o colectivo. Entre elas, autocoidados, alimentación, estratexias para o mantemento dunha mente activa, a oferta deseñada para eles en materia cultural e de lecer ou os diferentes programas que promove o IMSERSO –dende termalismo ata vacacións pasando polas medidas de apoio á xubilación flexible-.

As xornadas celebraranse este martes, 24 de outubro, no local social das Viñas en horario de mañá –de 11 a 12,30 horas- e o venres 10 de novembro no local social da SCRD San Mamede de Laraxe en horario de tarde –de 17 a 18,30 horas-. En ambos casos, a participación é libre e gratuíta.

Image: