O Concello de Cabanas promove un curso de formación en técnicas de froitocultura

Galego

A Concellería de Cultura abrirá este luns o prazo de inscrición

Desenvolverase entre o 2 de novembro e o 25 de xaneiro de 2018

Cabanas, 13 de outubro de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura, organiza un curso de formación en técnicas de froitocultura. Desenvolverase todos os xoves dende o 2 de novembro e ata o 25 de xaneiro de 2018, en sesións de dúas horas, entre as 18 e as 20 h.

Nel, os participantes poderán aprender todo o necesario para o cultivo de froiteiras, as súas variedades, coidados, enxertos, enfermidades e tratamentos fitosanitarios ou tarefas de poda.

Deste xeito, a Concellería de Cultura abrirá o prazo de inscrición este luns, 16 de outubro, para que todas as persoas interesadas en tomar parte poidan anotarse. Para iso, poden facelo de forma presencial no departamento de Cultura –pranta baixa da casa consistorial-, de luns a venres e de 9 a 14 horas, ou enviar un correo electrónico a cultura@cabanas.gal coa ficha de inscrición dispoñible na web municipal www.cabanas.gal. O prazo remata o 27 de outubro e o custe da actividade é de 20 euros.

Para solventar dúbidas o Concello pon a disposición da veciñanza o seguinte teléfono: 630 25 74 36.

Tags: