Xornada de portas abertas para as familias no Punto de Atención á Infancia

Galego

O Concello de Cabanas organiza este venres a xornada, que incluirá a inauguración do “Recuncho de lecer” para as familias

Cabanas, 06 de outubro de 2017. O Concello organiza este venres, a partir das 16,30 horas, unha xornada de portas abertas no Punto de Atención á Infancia das Viñas que incluirá a inauguración do “Recuncho de Lecer” para as familias. Alí poderán descubrir os materiais, xogos e contos cos que as nenas e nenos disfrutarán ó longo deste curso no PAI e, ademáis, poderán levar emprestado ás casas estes recursos para poder probarlos con máis tempo a través do Servizo de Préstamo de Materiais para o lecer.

A xornada de hoxe no PAI incluirá tamén unha merenda para compartir entre nenos, nenas e familias. Así, ademáis de pais e nais, invítase tamén a irmás e irmáns, avoas, avós… unha oportunidade para que toda a familia coñeza o espazo onde as pequenas e pequenos pasan as mañás.

Por último, o Concello entregaralles un agasallo para disfrutar en familia: o CD Música para o Apego, unha selección de diversos estilos de cancións da música galega. Esta acción intégrase no programa Familingua, subvencionado pola Consellería de Cultura.