O Concello de Cabanas propón á cidadanía cubrir o Camiño Inglés en seis etapas

Galego

Mantén aberta a inscrición na iniciativa coa que gañar a Compostela

Cabanas, 8 de setembro de 2017. O Concello de Cabanas convida á cidadanía a gañar a Compostela realizando o Camiño Inglés en seis etapas. Unha ruta na que poden participar nenos e maiores, os primeiros acompañados dun adulto, e que ten ó municipio de Cabanas como punto de referencia para saídas e chegadas. Será precisamente dende a Oficina Municipal de Turismo cabanesa, na contorna do parque do Areal, dende onde os participantes serán trasladados en autocar ó punto de inicio das etapas e regresarán unha vez conclúan.

As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Cultura no teléfono 674 258 812, ou descargar os impresos da web municipal www.cabanas.gal e remitilos ó correo cultura@cabanas.gal.

A primeira etapa celebrarase o sábado 23 de setembro, e cubrirá os 30 kms que separan Ferrol de Cabanas, cunha duración estimada de cinco horas; a segunda, o sábado 30 de setembro, realizaranse os 21 kms de Cabanas a Betanzos, cunha duración estimada de catro horas e 15 mins; a terceira, o sábado 7 de outubro, de Betanzos a San Paio, 18,1 kms e 4 horas; a cuarta o sábado 14, de San Paio a A Calle, 22 kms e 4 horas e 30 mins; a quinta o sábado 21, de A Calle a Polígono do Tambre, 24,2 kms e 4 h e 45 mins e, a sexta, o sábado 28, cubriranse os 5,3 kms para completar o Camiño a Compostela. En todos os casos, o punto de encontro será a Oficina de Turismo e, a hora, as 8 h. Así mesmo, ó inicio do Camiño facilitarase a credencial do Camiño de Santiago ós participantes para ir selándoa nos correspondentes puntos.

Image: