Igualdade e LGTBI e Cooperación

A Área de Igualdade, LGTBI e Cooperación encárgase de todo o que ten que ver coas políticas de igualdade, prevención da violencia machista, atención ás diversidades e cooperación.

O Servizo dispón de atención ao público previa cita.

Cabanas Diversa

Cabanas Diversa é unha estratexia que engloba actividades arredor da diversidade sexual. Implantouse coincidindo co Día do Orgullo 2019, e desde aquela desenvolvéronse diversas actividades nesta liña.

III Plan de Igualdade de Oportunidades (III PIOMH)

O III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Cabanas (PIOMH) é un instrumento que vertebra as liñas de acción municipais en materia de igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero, atendendo tanto ás estruturas formais como ás simbólicas e socioculturais.

O documento pódese descargar desde este enlace.

Rede Local contra a Violencia de Xénero

Esta rede de entidades busca conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

Programa Tribo

O Programa Tribo é un espazo de encontro para promover o empoderamento feminino, a sororidade e a dignificación do feminismo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cabanas participa activamente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, plataforma que agrupa concellos e deputacións de Galicia no desenvolvemento de iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque dos Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Programa estratéxico para o establecemento das condicións que faciliten a participación das mulleres en condicións de igualdade en todos os ámbitos, a través do establecemento das seguintes medidas complementarias ás xa existentes nos servizos sociais comunitarios:

- Apoio no benestar integral das mulleres participantes

- Asesoramento xurídico especializado para a mellora da situación persoal das mulleres usuarias

Desenvólvense actividades de carácter especializado e de apoio terapéutico e socioeducativo, así como de asesoramento xurídico, co fin de apoiar ás mulleres en situación de vunerabilidade no desenvolvemento do seu itinierario de vida. Nos servizos sociais comunitarios do concello aínda que existe unha estratexia.

Esta actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade -Secretaría Xeral de Igualdade-) e cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+  Galicia  2021-2027.