Inicio

Aberto o prazo de preinscrición para o P.A.I. de As Viñas

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Cabanas abre o seu prazo para a preinscrición para o curso 2014-2015 de xeito que as persoas interesadas en obter unha praza no mesmo poidan presentar as súas solicitudes. O prazo rematará o día 31 deste mes de maio e os interesados poderán recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do concello en días laborables, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O Punto de Atención á Infancia é un servizo destinado a axudar á conciliación da vida familiar e laboral e está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O centro ofertará a posibilidade dun servizo de xornada completa ou media, para desta forma adaptarse da mellor forma posible as necesidades dos pais e nais. Estas prazas están dispoñibles sen limitación de pertenza ó Concello de Cabanas ou limítrofes. Todas aquelas persoas interesadas en solicitar praza no centro de Cabanas poderán atopar toda a información así como os modelos a cubrir nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web www.cabanas.es ou ben conseguir máis información chamando ós Servizos Sociais no 981 49 59 59.

Ruta dos Cerqueiros

A Concellería de Cultura e Deportes en colaboración co club KDM de Cabanas ten previsto organizar para o domingo 18 de maio, unha nova ruta de sendeirismo, dentro da súa planificación habitual mensual. Neste caso, a ruta proposta levará ós seus participantes ata o veciño concello de Monfero, no coñecido como Camiño dos Cerqueiros.

O punto de saída como é habitual será no antigo campo de fútbol da Madalena. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 09:00 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

Dende a Concellería de Cultura se esta barallando a posibilidade de tramitar un servizo de bus para os que desexen realizar esta ruta. En función no do número de interesados levarase a cabo ou non este servizo, para o que se pon de prazo ata o próximo venres día 9 de maio como límite para a inscrición neste bus.

Ruta ás Fragas do Eume

A Concellería de Cultura e Deportes en colaboración co club KDM de Cabanas ten previsto organizar para este próximo domingo, unha nova ruta de sendeirismo, dentro da súa planificación habitual mensual. Neste caso, a ruta proposta levará ós seus participantes ata as Fragas do Eume, saíndo dende a parroquia de Irís.

O día escollido será como se indicaba anteriormente o domingo 27 de abril e o punto de saída como é habitual será no antigo campo de fútbol da Madalena. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 09:45 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

Tamén xa se está a organizar a ruta para o mes de maio, que será o domingo 18 polo concello de Monfero, no coñecido como Camiño dos Cerqueiros. Dende a Concellería de Cultura e Deportes estase a valorar a posibilidade de alugar un autobús para os que estivesen interesados. De ser así terían de prazo ata o 9 de maior para facer a preinscrición.

Ruta a Redes

A Concellería de Cultura e Deportes en colaboración co club KDM de Cabanas ten previsto organizar para este próximo domingo unha nova ruta de sendeirismo, dentro da súa planificación habitual mensual. Neste caso, a ruta proposta levará ós seus participantes ata ó lugar de Redes, no veciño concello de Ares.

O día escollido será como se indicaba anteriormente o domingo 16 de marzo e o punto de saída como é habitual será no antigo campo de fútbol da Madalena. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 10:00 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

Galicia Cross Country en Cabanas

Este próximo domingo 9 de marzo, o piñeiral da Madalena de Cabanas acollerá a proba final do Galicia Cross Country, primeiro circuíto autonómico de carreiras populares de campo a través. A proba a disputar en Cabanas completará o calendario logo das carreiras realizadas en Vilalba, Pontevedra e Lugo e nela daranse a coñecer os gañadores tanto en categorías masculinas como femininas desta nova modalidade. A saída da proba está prevista que sexa ás 11:30 horas e a distancia a cubrir será de 4 kilómetros.

Todos os atletas populares que o desexen inda se poden inscribir para a cita de Cabanas, rematando o prazo de inscrición este próximo xoves 6 de marzo. Para facer efectiva a mesma non teñen máis que dirixirse á web www.chamionchipnorte.com. Coa inscrición os atletas participantes terán dereito ademais de participar a recibir un regalo técnico así como avituallamento, que será cedido tanto por Coca Cola España como por Naranjas Ibáñez. Na páxina web poderán tamén conseguir toda a información pertinente o regulamento da proba.

PXOM

  • Posted on: 26 February 2014
  • By: administrador01

O Pleno dar Corporación, en sesión ordinaria realizada o día 29 de xaneiro de 2014, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cabanas, redactado por UTE DVega Arquitectura, Territorio y Medioambiente S.L. e Proyestegal S.L. O anuncio desta publicación apareceu no D.O.G.A. do día 26 de febreiro de 2014, iniciándose o seu prazo de exposición pública o día 27 de febreiro de 2014. Dito prazo rematará o 28 de abril de 2014.

Os interesados en dispoñer dunha copìa do mencionado Plan Xeral de Ordenación Municipal o poderán descargar na seguinte ligazón:

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cabanas

Galego

Exposición na Escola Laica

A partir de mañá, xoves 20 de febreiro, e ata o próximo día 3 de marzo, a Escola Laica de Cabanas será o escenario onde se exporá a exposición do VII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2012, da Deputación da Coruña. Trátase este premio dunha das iniciativas levadas a cabo polo organismo provincial na súa liña de apoio á creación artístico, en concreto ó desenvolvemento da arte gráfica así como en recoñecemento da labor realizada pola fundación “Centro Internacional de la Estampa Contemporánea” de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Nuñez, o seu fundador. Na exposición poderanse apreciar os gañadores das últimas edicións deste premio. O horario será de 11:00 a 13:00 horas de luns a venres.

 

Páxinas