Inicio

Entroido 2016

O Luns 8 de Febreiro, ás 17;00 horas diante da Casa do Concello

Convocatoria Pleno Xaneiro

  • Posted on: 24 January 2016
  • By: Concello de Cabanas

O vindeiro mercores día 27 de xaneiro de 2016 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón de sesión da Casa do Concello. Este pleno contará ca seguinte orde do día: 

Galego

Regata Amigable de Inverno

O Cabanas KDM organiza o domingo a súa Regata Amigable de Inverno no Concello de Cabanas, que reunirá a 323 padeeiros nun programa que arrinca ás dez e media.

A regata está considerada polo comité técnico da Federación Galega de Piragüismo como control de 8.000 metros para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterana, e será amigable para as categorías de nenos, cos infantís cubrindo 3.000 metros, e os benxamíns e alevíns, 1.500.

Visita Institucional do Conselleiro de Política Social

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou este venres unha visita institucional ao Concello de Cabanas onde foi recibido polo alcalde, Germán Castrillón Permuy, con quen mantivo unha xuntanza de traballo co obxecto de analizar a situación dos programas e servizos sociais dependentes da Xunta de Galicia que se prestan nesta localidade.

Unidade Movil do Cenro de Transfusións de Galicia

As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia(CTG), percorren toda a

nosa Comunidade para facilitar ós cidadáns o xesto solidario da doazón de sangue,

co obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns de sangue cada día.

 

Unha destas unidades móbiles desprazarase próximamente ata a noso Concello.

Implantación da Tecnoloxía 4G no concello

        Desplegase xa a nova tecnoloxía 4G no Concello de Cabanas.

        Esta nova incorporación ó servizo de telefonía movil no ámbito municipal proporcionará un maior número de servizos e de mellor calidade, tanto nas comunicacións vía telefónica como de internet móvil. Permite aumentar a velocidade de conexión a internet, televisión baixo demanda, descargas... así como novos servizos que verán a luz nos vindeiros meses.

Páxinas