Inicio

Conclúen os traballos de pavimentación e desbroces de 2,6 kms de pistas rurais
  • Venres, 16 Setembro 2016

As labores realizadas polo Concello contaron cun orzamento de 56.000 euros

Cabanas, 16 de setembro de 2016. O Concello informou esta mañá do remate dos traballos de pavimentación de 2,6 kms de pistas rurais. Intervención que tamén incluíu tarefas de desbroces e limpeza de cunetas a ambas marxes dos viais. Leváronse a cabo en dous camiños de 1,8 kms e 800 metros, que discorren entre A Pedra do Couto e a Relousada, pasando polo Alto do Cotiño.

Trece mozos participan na acción formativa “Emprego, Redes Sociais e Marca Persoal”
  • Mércores, 14 Setembro 2016

Está promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e a Universidade de Santiago, e conta coa colaboración do Concello de Cabanas

Cabanas, 14 de setembro de 2016. Trece mozos de entre 16 e 35 anos están a participar na acción formativa “Emprego, Redes Sociais e Marca persoal”. Unha iniciativa completamente gratuíta promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e a Universidade de Santiago, coa colaboración do Concello.

AVISO
  • Venres, 09 Setembro 2016

O Concello de Cabanas informa de que, por mor de traballos na rede, producirase un corte temporal do subministro de auga na zona dos Verxeles, A Deza e da praia. Será este luns, 12 de setembro, entre as 8:00 e as 14:30 horas. O Concello pide desculpas de antemán polas molestias que poida ocasionar a medida, necesaria para acometer as obras.

Páxinas