Inicio

Aberto o prazo de pagamento dos campamentos de verán
  • Martes, 25 Xuño 2019

O Concello de Cabanas informa de que o prazo de pagamento dos campamentos de verán correspondentes ao mes de xullo estará aberto até o próximo mércores 26 de xuño, sendo posíbel realizalo mediante tarxeta bancaria no Rexistro Municipal ou a través de transferencia bancaria.

No caso de escoller esta última opción será preciso indicar os seguintes datos no concepto:

Anuncio da listade definitiva de admitidos no PAI e apertura do prazo de matrícula
  • Luns, 24 Xuño 2019

O Concello de Cabanas vén de anunciar a relación definitiva da puntuación obtida para o ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI), así como as admisións por orde de puntuación segundo as dispoñibilidades de praza.

Ademais, anúnciase tamén a apertura do prazo de matrícula, que se poderá realizar no Rexistro Municipal até o próximo venres 5 de xullo. Será preciso entregar a folla de matrícula e o documento de domiciliación bancaria, que se poden descargar a continuación.

Documentación

O Concello de Cabanas uniuse á xornada #LuzporlaELA
  • Sábado, 22 Xuño 2019

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da ELA, celebrada onte 21 de xuño, o Concello de Cabanas sumouse de madrugada á acción promovida pola Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), consistente en iluminar edificios e monumentos emblemáticos da xeografía galega en cor verde. O obxectivo desta acción foi dar visibilidade á enfermidade e apoiar ás persoas que a padecen para concienciar á sociedade sobre as dificultades que a ELA implica no seu día a día.

Listaxe de persoas autorizadas e prazas asignadas para as luminarias de San Xoán
  • Venres, 21 Xuño 2019

A continuación publícase a listaxe de persoas con autorización para as luminarias de San Xoán, segundo orde de rexistro. Cada persoa só pode montar a súa luminaria no espazo sinalizado e asignado segundo a seguinte listaxe. Ante calquera incidencia, lembramos os números da Policía Local (650 780 123) e de Protección Civil (627 950 682)

Zona A

Páxinas