Inicio

O Concello abre o prazo para pedir autorización para as luminarias de San Xoán
  • Xoves, 07 Xuño 2018

Preto dun centenar de veciños presentaron a solicitude o pasado ano

Cabanas, 7 de xuño de 2018. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá que, como vén sendo tradición, o Concello habilitará na praia da Madalena espazos reservados para realizar luminarias con motivo da festividade de San Xoán. Así, aquelas persoas interesadas deberán comunicalo expresamente á Administración local, presentando unha instancia no Rexistro Xeral.

Venda anticipada dos tickets para o xantar popular no 107 aniversario da Feira do 21
  • Mércores, 06 Xuño 2018

Trátase dun dos mercados máis tradicionais e lonxevos da comarca

Cabanas, 6 de xuño de 2018. Novo aniversario dun dos mercados máis tradicionais, senlleiros e lonxevos da comarca: a Feira do 21 de Cabanas. Este mes de xuño alcanza os 107 anos e, con tal motivo, o Concello, a través da Concellería de Cultura e Turismo, organiza un xantar popular. Celebrarase, como marca a tradición, o 21 de xuño e os tickets poden mercarse de forma anticipada na Oficina Municipal de Turismo emprazada no entorno do parque do Areal.

Páxinas