Inicio

Clubes de toda Galicia tomarán parte na Regata Amigable de Inverno de Cabanas
  • Venres, 19 Xaneiro 2018

Está organizada polo Concello coa colaboración do Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo e disputarase o día 28

Aberto o prazo de inscrición na web da federación ata o domingo

Cabanas, 19 de xaneiro de 2018. O Concello de Cabanas albergará o domingo 28 de xaneiro a cuarta edición da súa Regata Amigable de Inverno. Unha cita que no 2017 reuniu a máis de 500 palistas procedentes de toda Galicia e a numeroso público disposto a disfrutar da competición e da contorna.

O Concello retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o municipio
  • Mércores, 17 Xaneiro 2018

Abre o prazo de inscrición na ruta que celebrará o sábado 27 de xaneiro entre a casa consistorial e o Marco do Salto

Cabanas, 17 de xaneiro de 2018. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural do municipio. A primeira celebrarase o sábado 27 de xaneiro e, a partir de entón, programaranse cunha periodicidade mensual –os últimos sábados de cada mes-.

Conclúe a instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena
  • Venres, 05 Xaneiro 2018

Substitúe á anterior, moi deteriorada, e facilitará o acceso á praia e paseo polo piñeiral salvagardando a flora da zona

Cabanas, 5 de xaneiro de 2017. O Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de instalación da nova pasarela peonil no piñeiral da Madalena. Unha infraestrutura que substitúe á anterior, moi deteriorada polo seu uso e ubicación. Os traballos correron por conta da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

As súas Maxestades os Reis Magos visitarán Cabanas este venres e sábado
  • Mércores, 03 Xaneiro 2018

Realizarán un percorrido por todo o municipio o venres e, o sábado, repartirán agasallos no pavillón de Lavandeira e no local social de Laraxe

Cabanas, 3 de xaneiro de 2018. As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán o municipio por partida dobre. Será este venres e sábado, en sendas actividades organizadas pola ACR Cabalgata de Reyes de Cabanas, en colaboración co Concello.

Páxinas