Inicio

Bando sobre luminarias de San Xoán
  • Venres, 18 Xullo 2014

DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ACALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)

FAI SABER:

Que estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais luminarias, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Concellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando ...

III Torneo de Pádel
  • Martes, 20 Maio 2014

Logo do éxito acadado en anos anteriores, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes ten pensado levar a cabo unha nova edición do seu Torneo de Padel, que se disputará nas pistas que o municipio ten na Área Recreativa e Deportiva da Veiga durante a semana do 23 ó 29 de xuño. O prazo para inscribirse neste III Torneo de Pádel rematará o próximo 13 de xuño.

Como o ano pasado, o torneo contará con tres categorías diferentes: masculina, femenina e mixta. A categoría de masculina estará dispoñible para participantes de segunda, terceira e cuarta categoría, mentres que a femenina e a mixta serán de cadro único. O prezo de inscrición para tomar parte será de 10 euros de inscribirse nunha soa categoría, e de 15 euros para os que o fagan en dúas.

Bases do III Torneo de Pádel

Folla de Inscrición no III Torneo de Pádel

Páxinas