Inicio

Reunións Veciñáis - Presupostos 2016
  • Xoves, 29 Outubro 2015

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunións nos diferentes locais sociais que existen no municipio. Nestas xuntanzas, o consistorio municipal buscará explicar ós veciños e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2016 e do mesmo xeito tamén se escoitaran as suxestións e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de preparar  os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia.

Charla Informativa sobre a Vespa Asiática
  • Xoves, 29 Outubro 2015

O Concello de Cabanas e a súa Concellería de Medio Ambiente realizará unha xornada informativa sobre vespa asiática (Vespa Velutina) en colaboración coa Casa do Mel de Goente.

Mediante esta actividade, dende o Concello de Cabanas quérese favorecer dar a coñecer as características principais desta especie foránea que se está a instalar na nosa comunidade , os riscos que implica e as precaucións e métodos de actuación no caso de atoparse con este tipo de vespa.

A sesión informativa terá lugar na Casa do Concello o vindeiro venres 13 de Novembro as 20:00.

Tempo de Familias
  • Xoves, 29 Outubro 2015

Un ano máis, o Concello de Cabanas e a súa Concellería de Servizos Sociais vai por en marcha o obradoiro “Tempo de Familias”, subvencionada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Acción Social con Familia, Mocidade e Infancia. Trátase esta dunha actividade dirixida a familias con nenos e nenas de ata seis anos de idade e no que se pretende facilitar un espazo de encontro para o intercambio, o debate e a aprendizaxe conxunta. As familias interesadas en formar parte poderán recadar máis información nos Servizos Sociais de Cabanas ata o seu comezo o 5 de novembro.

Bando unidad móvil ITV
  • Domingo, 11 Outubro 2015

BANDO
DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ACALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)
FAI SABER:
 

Páxinas