Inicio
Campaña de Esquí da Deputación da Coruña
O Concello de Cabanas participa na Campaña de Esquí organizada pola Deputación Provincial da Coruña, destinada á rapazada de 10 a 14 anos inclusive (de 11 a 15 cumpridos a 31 de decembro de 2020), grazas á cal poderán practicar este deporte na estación de Cabeza de Manzaneda (Ourense).
No caso concreto de Cabanas. a Deputación asignou tres prazas na quinta quenda. Deste modo, a rapazada participante entrará na estación o venres 21/02/2020 e sairá o luns 24/02/2020 despois da comida.
Xornada sobre compostaxe e redución de residuos
O Concello de Cabanas informa de que o luns, 18 de novembro, ás 19h terá lugar unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica e redución de residuos no Salón de Plenos.
Trátase dunha iniciativa vencellada ao Programa de Compostaxe Doméstica posta en marcha polo concello semanas atrás e enmarcado dentro da Semana Europea da Prevención de Residuos.
As persoas asistentes poderán aprender as técnicas para conseguir compost de calidade, así como tamén indicacións para a redución xeral de residuos nas casas.
Aviso de interrupción do suministro eléctrico en Soaserra
O Concello de Cabanas informa de que a empresa UFD Distribución Electricidad vén de comunicar que, debido ao traballo de mantemento e desarrollo da rede eléctrica, os próximos 11 e 12 de novembro de 2019, entre as 08.00 e as 14.00h, deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no suministro nalgunha zona de Soaserra..
En concreto, as entidades de poboación afectadas son Cerdeiras, O Igrexario, Os Durás, Os Lamas, Os Sardiñas, Fontiñas e Xavariz.
Páxinas
- « primera
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- siguiente ›
- última »