Inicio

Cabanas prepara unha ruta interpretativa do Río Dana
  • Venres, 05 Xuño 2020

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural e a financiación da Deputación da Coruña, está a elaborar un estudo para a posta en valor da contorna do Río Dana nas parroquias de San Mamede de Laraxe e San Martiño do Porto.
 

Cabanas contratará dous albaneis e un peón con cargo ao PEL
  • Venres, 05 Xuño 2020

O Concello de Cabanas anuncia a contratación de dous albaneis e un peón dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, PEL Concellos 2020, para a execución de obras e servizos mínimos municipais.
 

Cabanas constitúe unha bolsa de emprego de persoal auxiliar de Axuda no Fogar
  • Xoves, 04 Xuño 2020

 Concello de Cabanas vén de anunciar a constitución dunha bolsa de emprego de persoal auxiliar de axuda no fogar, que ten como obxectivo reforzar o servizo a efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar tarefas de substitución por ausencia de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenas e acumulación de tarefas.

Procedemento de cita previa para o Catastro
  • Mércores, 03 Xuño 2020

O Concello de Cabanas informa que desde o momento da reapertura dos servizos presenciais de atención ao público, a veciñanza que desexe acudir a algunha xerencia de Catastro debe obter con antelación unha cita previa.

Cabanas súmase ao manifesto “Cooperación contra o coronavirus”
  • Luns, 01 Xuño 2020

O Concello de Cabanas, xunto con outros catorce concellos galegos, aprobaron o manifesto “Cooperación contra o coronavirus”, que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidariedad, da que forman parte novo fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 

Páxinas