Inicio

O Concello inviste 12.400 euros na renovación do alumeado público en Laraxe
  • Venres, 16 Febreiro 2018

Os traballos, que comezaron esta semana, foron necesarios por mor dos danos rexistrados nas instalacións durante os últimos temporais

Cabanas, 16 de febreiro de 2018. O Concello de Cabanas iniciou esta semana os traballos de renovación das lámpadas e instalacións do alumeado público na Travesía de Teloi, Camiño de Fonfría e Camiño de San Xia, na parroquia de Laraxe. Tarefas nas que a Administración local está a investir algo máis de 12.400 euros.

Páxinas