O Concello abre o prazo de inscrición no XXVII Cross Popular Cabanas 2016

Gallego

A participación é gratuíta e celebrarase o 31 de xullo no piñeiral da praia da Madalena, coincidindo coa última xornada da tradicional Romería de Santa Marta

Cabanas, 6 de xullo de 2016. Cabanas organiza un ano máis o seu tradicional Cross Popular. Será a XXVII edición e terá lugar o próximo 31 de xullo, coincidindo coa última xornada da Romería de Santa Marta. Celebrarase no piñeiral da praia e todo o percorrido estará delimitado con cinta. O alcalde, Germán Castrillón, confía en reeditar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron centenares de persoas de todas as idades. De feito, na última, bateuse un novo récord de deportistas, superando a barreira do medio millar.

As persoas interesadas en tomar parte xa poden inscribirse no Concello de Cabanas (no teléfono 981 49 59 59 ext. 3 ou no enderezo cultura@cabanas.es) e o prazo remata o 29 de xullo (ata as 14 horas). De forma excepcional, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba, na carpa habilitada ao efecto pola organización.

As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 e 7.000 metros, dependendo da categoría, e o percorrido discurrirá integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral. A primeira categoría comezará a carreira ás 11 horas. Así mesmo, os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e os vencedores absolutos das categorías masculina e feminina, un trofeo adicional. Co ánimo de premiar a participación das categorías de base, o alcalde anunciou que se lles entregará medalla a todos os que completen o circuito –nenas e nenos nados no ano 2009 e posteriores-.

As bases están dispoñibles na web municipal www.cabanas.es. De seguido, as categorías, con distancias a percorrer e horarios de saída:

Cat. A: Nados en 2006-07-08 : 1.000 m. (1 VP) saída ás 11.00

Cat B: Nados en 2003-04-05 : 1.800 m (1 VG) saída ás 11.10

Cat C: Nados en 2000-01-02 : 3.600 m (2 VG) saída ás 11.20

Cat J: Nados en 1997-98-99 : 7.000 m (4 VG) saída ás 11.40

Cat SE: Nados entre 1977 e 1996: Distancia, voltas e hora Igual que J

Cat. Veteráns A: Nados entre 1967 e 1976 : Distancia, voltas e hora Igual que J

Cat. Veteráns B.: Nados entre 1957 e 1966: Distancia, voltas e hora Igual que J

Cat. Superveteráns: Nados antes de 1957. Tamén 7000 metros, 4 VG ás 11.40

Nados nos anos 2009-2010-2011 Primeiros peques corren 300 mts ás 12.40 h.

Nados dende o ano 2012 ata hoxe. Resto de peques corren 100 mts ás 12.45 h.

NOTAS.-As categorías son iguais para MULLERES E HOMES
v.p./ v.g. = volta pequena /volta grande.

Tags: